🎭🎭 Xa está aquí o Entroido!!!!
🧒👦E como cada ano o luns será o día dos máis pequenos da casa✍️
🪅Festa Infantil de Entroido
📆 3 de marzo
🕐 A partir das 17:00 horas
🔝Talleres, inchables, xogos, chocolate con churros...e moitas sorpresas!!
Non faltes!
🎶Este sábado, 22 de febreiro, temos novo 𝓖𝓾𝓪𝓽𝓮𝓺𝓾𝓮 𝓭𝓮 𝓐𝓻𝓻𝓾𝓰𝓾𝓲𝓷̃𝓪𝓼
📌No Local Social de Trasbar
🕖21:00 horas
🎤Dúo Eclipse
🤝Coa colaboración da asoc. de Veciños do Burgo de Trasbar
Non faltes!!!
📣📣 Hoxe é xoves de Sanci Tapeando!!
🍽 Aquí tedes o menú que nos teñen preparado os locais participantes
Non o perdas!!
🍽O PRÓXIMO VENRES VOLVEN OS PETISCOS QUE PROPÓN A HOSTALERÍA DE CERVO E SARGADELOS
👉A ruta, que conta coa colaboración da Administración local, retomarase este 7 de febreiro, con tapas elaboradas no Caseto de Copa, na pousada O Almacén, na Taberna de Sargadelos e na Sacabeira
🏊♀️MÁIS DE 80 PEQUENOS/AS REMATAN ESTA SEMANA OS CURSOS DA PISCINA OLÍMPICA MUNCIPAL
👉Nos vindeiros días dará comezo o novo cuadrimestre con máis de 70 crianzas inscritas
👉Hai ademais 129 adultos que asisten a clases de aquagym e de natación nos diferentes niveis
✍️📚 A alcaldesa, Dolores García Caramés, entregou na Casa do Concello os premios do 𝗖𝗘𝗥𝗧𝗔𝗠𝗘 𝗗𝗘 𝗣𝗢𝗘𝗦𝗜́𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗔𝗡𝗧𝗜𝗟 N𝐚d𝐚l 2𝟎24-25
👉Lily Fernández López, de 8 anos
👉Xela Fernández Fernández, de 11 anos
📖Recibiron un diploma e cadanseu lote de libros
‼️‼️Activarase unha alerta vermella 🔴 por fenómenos costeiros na medianoite deste xoves que afectará á nosa costa.
🟠Cómpre lembrar que arestora está activada xa a alerta laranxa.
❌️O paseo do Torno permanece pechado como medida de seguridade.
Moita precaución!!
📢O CONCELLO DE CERVO ANIMA A ASISTIR Á TRADICIONAL FESTA DA CANDELARIA, EN RÚA, QUE SE CELEBRARÁ DO 31 AO 2 DE FEBREIRO
🎶A cita contará coas mellores orquestras do panorama galego, coa París de Noia como cabeza de cartel
🍽 O venres celebrarase ademais a II Festa dos Callos
🛠O CONCELLO DE CERVO INVISTE MÁIS DE 100.000 EUROS NA MELLORA DO SANEAMENTO DA PARROQUIA DE CASTELO
👉A actuación estase a executar estes días no lugar da Chousa de Motín, e está sufragado con fondos municipais do remanente de tesourería.
💉 Doa Sangue
📍 A unidade móbil estará a próxima semana en Cervo
📆Xoves, 23 de xaneiro
👉 De 10:45 a 14:00 horas ao carón do Concello
👉 De 16:30 a 21:00 horas ao carón da Casa da Cultura
📲 Podes pedir cita no teléfono gratuíto 900 100 828




















