Despedimos o curso 25_26 coas graduacións de final de etapas. Comezamos con 2ºBacharelato. Aquí podemos ver a súa gala. Discursos, bailes, diplomas, orlas, fotos... moitas emocións pechando unha etapa e abrindo outra nova. Moita sorte a todas e todos nas vosas escollas.
Parabéns a Icía, Lucas, Lucía e Uxía por formar parte dos mellores expedientes de Galicia nas probas de acceso á universidade 2026
Momentos de bo rollo. Pena que se acabe. Levamos moi bos recordos de todos estos días. Vaia experiencia que nos levamos.
O alumnado de 4°ESO está a disfrutar en Lisboa na súa viaxe de fin de curso. Moita calor e diversión nestes días. Belém, Conquistadores, Oceanario...
Na última sesión do Stembach deste curso tivemos a presentación das distintas liñas de investigación às familias, docentes e titorías da UVigo. Foi todo un éxito, parabéns a todos os equipo. Xa tedes un gran traballo feito para o curso que vén.
O xoves recibimos ao alumnado de 6° dos CEIP Sobreira Valadares, Igrexa Valadares, Josefa Alonso e Daniel Castelao. Rapazas e rapaces de 3° de ESO, coordinados por Jorge Arietto, organizaron xogos e actividades. Esperámosvos en setembro!
Esta mañá en Campo Lameiro convértemonos en habitantes da Prehistoria: visitamos os seus poboados e tumbas, marabillámonos cos petróglifos, coñecimos as súas ferramentas e finalmente puxemos en práctica as súas técnicas de caza.
Despedimos cun Maio e moito Arte ao noso grupo de correspondants. Que pasedes unha boa fin de semana coas familias e feliz viaxe de volta. Vémonos noutros intercambios,seguro.

































































