Margarida Corral S. retweeted
📢 A CIG convoca 17 mobilizacións para a folga xeral do 11 de novembro
✊🏻A central nacionalista empraza á clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas
🚩Baixo o lema “Galiza en loita por unha vida digna”, a folga xeral convocada pola CIG o vindeiro 11 de novembro esixirá da Xunta de Galiza e do Goberno español un Plan de Choque que permita frear o deterioro das condicións de vida da clase traballadora. Demanda medidas contundentes para paliar o encarecemento da vida, a pobreza salarial, a crise da vivenda, a precariedade laboral e a degradación dos servizos públicos mentres o grande capital continúa a obter beneficios extraordinarios.
👉🏻A folga xeral abranguerá as persoas traballadoras das empresas privadas e do sector público en todo territorio galego, incluído o persoal funcionario, estatutario e laboral. Desenvolverase o 11 de novembro, desde as 00:00 até as 24:00 horas, coas adaptacións horarias previstas para as empresas con varias quendas e para os medios de comunicación.
🗓️Lista de mobilizacións para este 11 de novembro
📌CARBALLO: ás 12:00h. Praza do Concello
📌CEE: ás 12:00h. Praza 8 de Marzo
📌PONTEVEDRA: ás 12:00h. Praza da Ferrería
📌VILAGARCÍA: ás 12:00h. Casa do Mar
📌A ESTRADA: ás 12:00h. Praza do Mercado
📌COMPOSTELA: ás 12:00h. Praza Roxa
📌RIBEIRA: ás 12:00h. Mercado Municipal
📌FERROL: 12:00h. Local CIG (Avenida de Esteiro)
📌AS PONTES: 12:00h. Praza do Concello
📌LUGO: ás 12:00h. Edificio Sindical
📌BURELA: ás 12:00h. Local CIG (Arcadio Pardiñas)
📌MONFORTE: ás 12:00h. Praza de España
📌OURENSE: ás 11:00h. Edificio Sindical
📌O BARCO: ás 12:00h. Praza do Concello
📌VERÍN: ás 12:00h. Praza do Concello
ℹ️ i.gal/manis11N
Margarida Corral S. retweeted
🗣️Galega ou estranxeira: a mesma clase obreira!
⚒️A FCM-CIG protestou en #Negreira contra a explotación de persoas migrantes e chamou á #FolgaXeral11N
👉Concentrouse no edificio no que faleceu un operario brasileiro en accidente de traballo o 9 de setembro
ℹ️ shre.ink/hZFC
#construción
@fcmcig
Margarida Corral S. retweeted
❌A EPA confirma a fraxilidade do mercado laboral galego cun incremento do desemprego e da contratación temporal
‼️As mulleres pagan a factura da precariedade laboral en Galiza, cun medre do paro feminino dun 25,5%
👉cig.gal/nova/a-epa-confirma-…
Margarida Corral S. retweeted
🚩#FolgaXeral11N #GalizaEnLoita por unha #VidaDigna
📬Desde #Correos, a delegada de persoal da CIG Ana Pintos chama á #FolgaXeral11N
❌"Os acordos impostos dende Madrid precarízannos e empobrécennos"
👎🏻"Non imos consentir que se poña en cuestión o noso compromiso co servizo público postal que prestamos."
✊🏻Unha folga de toda a clase obreira!
Margarida Corral S. retweeted
📈Porque mentres os prezos soben desorbitadamente, as empresas do IBEX gañan beneficios récord
#FolgaXeral11N #GalizaEnLoita por unha #VidaDigna
Margarida Corral S. retweeted
💪Asembleas, debate, repartos, coladas, chamadas, faixas, megafonías... Accións todas elas que forman parte da campaña de axitación e motivación de cara a unha folga xeral exitosa.
Margarida Corral S. retweeted
📌O colectivo de persoas xubiladas da CIG convoca protestas co lema ‘Somos maiores, tamén queremos vivir dignamente’
👉Desenvolverá concentracións nas sete cidades o 5 de novembro para reclamar un Plan de Choque con medidas fronte á carestía da vida
ℹ️ shre.ink/hjQQ
Margarida Corral S. retweeted
💪O modelo combativo e participativo do sindicalismo nacionalista galego amosa estes días a capacidade de organización e axitación en prol do paro xeral en cada un dos sectores e comarcas.
📢A crise que a pague o capital!
#GalizaEnLoita por unha #VidaDigna
Margarida Corral S. retweeted
✊Participa coa CIG na #FolgaXeral11N!
🙁Porque cada vez é máis difícil chegarmos a fin de mes
📢Demostrémoslle tanto ao capital como aos gobernos cómplices a forza da clase traballadora!
⚒️Porque sen nós, para todo!
#GalizaEnLoita por unha #VidaDigna
Margarida Corral S. retweeted
🚍Desde o sector do transporte de persoas por estrada, Hugo Antunes chama á #FolgaXeral11N
❌"A Xunta é cómplice dun cártel de empresas que aumentan beneficios á custa de recortar os noso dereitos."
📢 "Coa folga no noso sector, demostramos que é preciso rachar co pactismo para conquistar melloras."
✊🏻#FolgaXeral11N. Unha folga de toda a clase obreira!
Margarida Corral S. retweeted
📢#11N ✊🏻#FolgaXeral 🚩#GalizaEnLoita por unha vida digna!
📌 A CIG convoca FOLGA XERAL en Galiza para o mércores 11 de novembro
⬆️A suba dos prezos que a pague o capital!
🏠Polo dereito á vivenda!
ℹ️ i.gal/folga11n
Margarida Corral S. retweeted
Tal día coma hoxe, o 10 de marzo de 1972, a policía fascista abría fogo en Ferrol contra unha manifestación de obreiros do naval, ferindo ducias e asasinando a Amador Rei e Daniel Niebla. A resposta solidaria estendeuse por Galiza desafiando o réxime. #DíaDaClaseObreiraGalega
📢 #10deMarzo, contra a precariedade e a desigualdade.
👉 Na Galiza traballo digno, pobo con dereitos. ⛔ Non á guerra imperialista!
✊Para este #DíaDaClaseObreiraGalega, a CIG ten convocadas 14 mobilizacións nas principais cidades e vilas.
📍Os actos centrais serán en #Ferrol, coa tradicional ofrenda floral ás 11:30h e a manifestación ás 20h.
💪🏻Amador, Daniel, a loita continúa!
ℹ️ i.gal/10m26
Margarida Corral S. retweeted
✊🏻A CIG inicia en #Ferrol os actos de conmemoración do #DíadaClaseObreiraGalega coa tradicional ofrenda floral ao monumento do #10deMarzo, que dará paso este serán ás 14 mobilizacións en vilas e cidades galegas.
👉🏻Paulo Carril reclamou "a vixencia e actualidade destas loitas pola liberdade, por salarios e condicións laborais xustas e por defender a negociación colectiva en Galiza."
📢 Así mesmo, chamou á mobilización da clase obreira contra a escalada bélica do imperialismo, condenando "o ataque militar levado a cabo polos Estados Unidos e Israel contra Irán", unha agresión "que require de nós unha resposta clara en defensa da paz e do dereito internacional."
Margarida Corral S. retweeted
📢#10deMarzo: a CIG chamou a reforzar a mobilización para reclamar traballo digno, dereitos, paz e soberanía dos pobos
✊No Día da Clase Obreira Galega, convocou 14 mobilizacións “porque esta é a maneira de manter vivas e vixentes as loitas do 72”
ℹ️ i.gal/CIG10M2026
Margarida Corral S. retweeted
O luns 16, saímos de novo ás rúas contra a guerra imperialista e o discurso belicista que a apoia, e por unha paz con xustiza social e soberanía para os pobos, sen xenocidios, sen agresións e sen que o único que sirva sexa a lei do mais forte. Non á súa guerra! #GalizaPolaPaz
Margarida Corral S. retweeted
‼️Temos unha idade e tamén temos dereitos.
🧓O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG continúa coa campaña de recollida de queixas sobre a situación da sanidade pública e como este deterioro afecta de maneira máis grave ás persoas maiores.
✍️Está mañá estiveron no barrio do Couto en Ourense e ducias de persoas pararon asinar porque todo o mundo sofre ou coñece casos graves para contar.
📣A sanidade pública é un dereito e temos que mobilizarnos para defendelo.
Margarida Corral S. retweeted
📢A CIG mobilizarase pola negociación dun acordo de condicións laborais para o persoal non docente de Educación
✍️A central tamén fará entrega das sinaturas recollidas entre as traballadoras e traballadores de administración e servizos dos centros educativos
ℹ️cig.gal/nova/convocatoria-ac…
Margarida Corral S. retweeted
📢As traballadoras e traballadores do comercio vario da Coruña mobilizaranse este domingo para reclamar condicións e salarios dignos
📍A manifestación sairá ás 12h da Praza de Lugo para exixirlle á patronal que sente negociar o convenio provincial e rexeitar o marco estatal que queren impor as grandes empresas do téxtil
ℹ️cig.gal/nova/as-traballadora…
Margarida Corral S. retweeted
📢Neste #10deMarzo, a CIG chama a reforzar a mobilización para reclamar traballo digno, dereitos, pola paz e a soberanía dos pobos
✊No Día da Clase Obreira Galega, a central realizou 14 mobilizacións por todo o país “porque esta é a maneira de manter vivas e vixentes as loitas do 72”
ℹ️ i.gal/CIG10M2026































